O Concello de Baiona informa do corte de tráfico total a partir de mañá na rúa principal do Barrio da Percibilleira debido aos traballos de renovación das tubaxes de saneamento, auga potable e recollida de pluviais do barrio baionés. Tamén levarán a cabo traballos de renovación do asfaltado de toda a zona. Un proxecto cun investimento de 186.184,55 euros con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.
O corte total do tráfico producirase durante os días laborais deixando o paso accesible durante a fin de semana.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal