O Concello de Baiona finalizou as obras de renovación de tubaxes de saneamento na Rúa San Damián na Percibilleira.
Trátase dunha renovación a rede de saneamento para optimizar o seu rendemento e mellorar a prestación deste servizo básico ás veciñas e veciños da zona que viñan padecendo fugas mesmo nas súas vivendas.
O Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, destaca que “con esta actuación ponse solución a unha problemática neste núcleo de poboación e aténdese a petición da veciñanza”.
O Alcalde, Carlos Gómez Prado, destacou a importancia dunha obra “que da continuidade a un á mellora de infraestruturas e servizos básicos dos diferentes barrios e parroquias”. O rexedor lembra que a dotación destes servizos aos núcleos da localidade “foi, e segue sendo, unha das nosas prioridades”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal