O Concello de Baiona comezou as obras que permitan mellorar a accesibilidade do Camiño Rial en Baíña.
“O Obxectivo é adecuarse o espazo de circulación dos vehículos e peóns para facelo máis transitable e seguro nunha vía de acceso estreito”, destaca o Primero Tenente de Alcalde e Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.
Os traballos, que xa están en marcha, responden a un compromiso asumido polo Alcalde, Carlos Gómez, e o concelleiro nunha das súas visitas pola parroquia de Baíña. O obxectivo principal é minimizar os problemas existentes na entrada do camiño, co fin de facilitar aos veciños e veciñas o acceso a as súas vivendas e leiras agrícolas.
Os traballos consisten na mellora da accesibilidade e inclúen a instalación dunha varanda protectora con respecto á marxe do río Baíña ademais do asfaltado nunha zona onde o pavimento está afundido e moi deteriorado. Así mesmo, realizarase o saneo da zona previo á execución da nova capa de rodaxe e realizarase o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño.
“Con estes traballos mellorarase a seguridade viaria da zona. Unha intervención necesaria que tamén ten como finalidade facilitar a accesibilidade e a mobilidade, e dar resposta ás demandas veciñais”, sinala o rexedor quién engade que esta obra se suma a tantas outras que o noso goberno está a realizar nas parroquias, co fin de mellorar as condicións das mesmas”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal