O Camiño das Chans en Fontes-Baíña foi obxecto dunha intervención por parte do Concello de Baiona.
Púxose solución á problemática que viña padecendo durante tempo na zona. Procedeuse á construción de cuneta, á colocación dunha nova reixa e á substitución da tubaxe, mellorando a recollida de pluviais. Así mesmo, procedeuse ao asfaltado de parte do camiño e da glorieta de acceso ao mesmo.
No barrio de Fontes tamén se realizou o asfaltado e a mellora da accesibilidade no Camiño Leiriña.
O obxectivo da intervención consistiu na mellora do camiño saneando os tramos que tiñan a superficie danada e aplicando unha capa nova de asfalto a todo o percorrido do mesmo. Así mesmo realizouse o rozado mecánico de cunetas e noiros por ambas as marxes do camiño.
Con estes traballos mellorouse tamén seguridade viaria da zona. Unha intervención necesaria que tamén ten como finalidade facilitar a accesibilidade e a mobilidade, e dar resposta ás demandas veciñais.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal