O Concello de Baiona, a través da Concellería de Vías e Obras, está a preparar os últimos retoques da Fonte da Rega, no Urgal, Belesar.
Tras sanear e facer unha nova estrutura na mina de auga da devandita fonte, está a terminar o acceso á mesma. Este traballo fará que a mina poida ser accesible para os operarios municipais para poder facer os labores de mantemento. Ademais, mellorará a circulación de auga desde a mina ata a fonte.
O Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez Álvarez, sinala que ” esta intervención suporá unha mellora estrutural na captación da fonte da Rega”. Así mesmo, comenta que ”esta intervención súmase a tantas outras que o noso goberno está a realizar nas parroquias, co fin de mellorar as condicións das mesmas”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal