A Concellería de xuventude do Concello de Baiona, en colaboración coa concellería de Tecnoloxías, e a Fundación Esplai amplian o prazo de inscrición para os cursos de competencias dixitais que terán lugar durante este curso escolar na nosa vila para a mocidade.
Ofértanse 4 cursos diferentes que terán lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, que comenzarán a semana do 30 de setembro cunha duración de 30 horas. Para a mocidade de 9 a 11 anos, as actividades desenvolveranse os luns e mércores en dous horarios diferentes; de 16:00 h a 18:00 h ou de 18:00 h. a 20:00h.
Para a mocidade de 12 a 13 anos as actividades desenvolveranse os martes e xoves de 16:00 h a 18:00 h., e para a mocidade de 14 a 17 anos tamén os martes e xoves de 18:00h a 20:00h.
Impartiranse conceptos básicos de ferramentas informáticas, uso seguro e responsable da internet, programación, robótica educativa, impresión 3D e realidade virtual.
A través destas actividades búscase favorecer a adquisión de competencias dixitais e desenvolver habilidades como a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo a través de actividades lúdicas e participativas.
As inscricións están abertas na Omix do Concello de Baiona ata o 27 de setembro e as prazas son limitadas.
Más información na Omix do Concello de Baiona, ou no teléfono 986385921 ou en xuventude@baiona.gal
Coa posta en marcha destes catro cursos de competencias dixitais, O Concello de Baiona, continúa co seu plan de actividades para a mocidade no novo Espazo Xuvenil de Baiona, ubicado no Centro Multiusos Ángel Bedriñana.
A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, dirixida por Ruth Álvarez González ,é a concellería encargada da xestión deste novo espazo, desde donde se anima á nosa mocidade a que presenten as súas propostas de actividades, para iso, poden contactar coa OMIX, no teléfono 986385921 ou en xuventude@baiona.gal