O Concello de Baiona informa do bono novo para o alugueiro.
O Consello de Ministros o bono novo de axudas ao alugueiro. Esta subvención está destinada a axudar aos mozos que teñan dificultades para facer fronte ao prezo das súas vivendas. Aquí contámosche os requisitos para solicitalo.
Que idade hai que ter para solicitar o bono novo do alugueiro?
Os mozos deberán ter entre 18 e 35 anos de idade e ter un contrato de traballo con ingresos anuais inferiores a 23.725 euros, é dicir, o triplo do Indicador Público de Renda de Efectos ( IPREM)
Ademais, para obter o bono novo de alugueiro é indispensable acreditar que viven en réxime de alugueiro, estar empadroados na devandita vivenda e figurar no contrato de arrendamento.
Pode recibir o bono novo do alugueiro quen comparta piso?
Si, o importe da axuda será por beneficiario, non por vivenda, de forma que poderán recibilo íntegro cada unha das persoas que compartan una mesma vivenda. A ministra Raquel Sánchez detallou que quen viva nunha habitación alugada poden aspirar a unha axuda de ata os 300 euros por habitación, ampliable en determinados casos a 400 euros.
Se todos os inquilinos do piso solicitan a axuda do bono novo do alugueiro e cumpren os requisitos, a subvención total recibida non poderá superar en ningún caso o custo conxunto do alugueiro. A vivenda alugada deberá ter un prezo máximo de 600 euros ao mes, ou ata 900 euros se así o decide cada unha das comunidades autónomas.
Canto tempo dura o bono novo do alugueiro?
A axuda poderá recibirse durante un período de dous anos. No caso das familias máis vulnerables, este bono novo do alugueiro poderá completarse con axudas directas ao alugueiro de ata o 40%.
É compatible o bono novo do alugueiro con outras axudas á vivenda?
Si, poderase complementar con outras axudas do propio Plan Estatal de vivenda que aprobou tamén este martes o Consello de Ministros e que terá vixencia ata 2025. Pero non se poderá compatibilizar con outras axudas para o pago do alugueiro dependentes de administracións autonómicas, locais ou de calquera outra administración, salvo no caso das que están destinadas para colectivos sinalados como vulnerables.
O bono novo de alugueiro, ademais, poderase percibir á vez que as pensións non contributivas e que o Ingreso Mínimo Vital ( IMV).
Como se pode solicitar?
O bono novo de alugueiro pódense solicitar desde o 18 de xaneiro, data da aprobación do decreto lei e a súa posterior publicación no BOE, a través das oficinas do departamento de Vivenda das comunidades autónomas. Este trámite pódese realizar tanto de forma presencial como telemática na sede electrónica.
Máis información premendo na ligazón: AXUDAS PROGRAMA ESTATAL DE VIVENDA
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal