Baiona estrea o seu Espazo Xuvenil cun Campamento de competencias dixitais.
A Concellería de Mocidade do Concello de Baiona, en colaboración coa Concellería de Tecnoloxías, e a Fundación Esplai organizan un campamento de competencias dixitais durante o mes de xullo en Baiona, totalmente gratuíto.
O campamento terá lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, do 1 ao 22 de xullo, de luns a venres, con dous grupos diferenciados, un de competencias básicas destinados a mozas de 12 a 13 anos e outro de competencias avanzadas destinado a mozas de 14 a 17 anos.
Impartiranse conceptos básicos de ferramentas informáticas, uso seguro e responsable da internet, programación, robótica educativa, impresión 3D e realidade virtual.
A través destas actividades búscase favorecer a adquisión de competencias dixitais e desenvolver habilidades como a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo a través de actividades lúdicas e participativas.
As inscricións están abertas do 10 ao 28 de xuño na Omix do Concello de Baiona e as prazas son limitadas.
Más información na Omix do Concello de Baiona, no teléfono 986385921 ou en xuventude@baiona.gal
Novo Espazo Xuvenil en Baiona
Coa posta en marcha do campamento de competencias dixitais arrinca o programa de actividades do novo Espazo Xuvenil de Baiona.
A partires deste intre, a mocidade da nosa vila contará cun espazo dedicado e pensado para eles, situado no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, onde contarán con apoio para levar a cabo os seus proxectos e actividades. Trátase dun espazo vivo, onde terán cabida as diferentes iniciativas xuvenís que os mozos da nosa vila desexen levar a cabo, creadas e realizadas por eles mesmos, así como outras actividades organizadas desde o Concello de Baiona.
O obxectivo tamén é que este novo espazo sirva para tecer unha rede colaborativa que implique a diferentes grupos de idade, levando a cabo actividades interxeracionais, onde os mozos sexan o eixo central das actividades. Trátase de fomentar a participación xuvenil na nosa vila, sendo os mozos os artífices das actividades de todo tipo que leven a cabo, en diferentes ámbitos; a igualdade, a política social, ect..
A Concellería de Mocidade do Concello de Baiona, dirixida por Ruth Álvarez González ,é a concellería encargada da xestión deste novo espazo, desde donde se anima á nosa mocidade a que presenten as súas propostas de actividades, para iso, poden contactar coa OMIX, no teléfono 986385921 ou en xuventude@baiona.gal