24 mozos participaron no Campamento de Competencias dixitais organizado polo Concello de Baiona e a Fundación Esplai
A Concellería de Xuventude do Concello de Baiona, en colaboración coa Concellería de Tecnoloxías, e a Fundación Esplai organizaron un campamento de competencias dixitais que rematou o 22 de xullo en Baiona, sendo éste totalmente gratuíto.
O campamento tivo lugar no Centro Multiusos Ángel Bedriñana, con dous grupos diferenciados, un de competencias básicas destinados a mocidade de 12 a 13 anos e outro de competencias avanzadas destinado a mocidade de 14 a 17 anos.
Nesta formación impartíronse conceptos básicos de ferramentas informáticas, uso seguro e responsable da internet, e os participantes familiarizáronse coas linguaxes de programación, a robótica, a impresión 3D e a realidade virtual.
O obxectivo das actividades foi favorecer a adquisión de competencias dixitais e desenvolver habilidades como a creatividade, o pensamento crítico e o traballo en equipo a través de actividades lúdicas e participativas.
Dada a alta demanda que tivo a actividade, a Concellería de Xuventude, dirixida por Ruth Álvarez González, xa está organizando unha nova edición da actividade.