
O Concello de Baiona informa que a Deputación de Pontevedra abre o prazo de solicitudes para participar nos campamentos para A Lanzada, destinado a mozos da provincia de Pontevedra nados entre os anos 2013 e 2018, ambos incluídos.
Os campamentos desenvolveranse en diferentes quendas semanais do 21 de xuño ao 5 de setembro, en 11 quendas, e contémplanse descontos para as familias numerosas, familias monoparentais, así como prazas gratuítas para nenos e nenas en situación de exclusión social.
Durante a actividade ofertarase un programa de actividades destinado a favorecer a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe da lingua inglesa, a arte, a cultura, a ciencia, o deporte, a lingua de signos e o respecto e coñecemento da natureza e da contorna.
O prazo de solicitudes está aberto ata o 20 de marzo de 2026, e as solicitudes destes campamentos poden tramitarse na OMIX, sita na casa do concello ou pedir información no número de teléfono 986385921.
Concello de Baiona





