
O Concello de Baiona informa de que a ata o dia 25 de setembro poden solicitarse as axudas para a obtención dos permisos de condución Tipo B e A2 que convoca a Xunta de Galicia con importes de 400 € para o carné tipo B, e de 150€ para o carné tipo A2.
Os requisitos xerais son:
– Ter entre 18 e 30 anos.
– Estar empadroado/a en a Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
– Non estar a traballar por conta propia nin allea.
– Obter o permiso de conducir para o que solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de outubro de 2024 e a data de presentación da solicitude.
– Ter ingresos familiares anuais iguais ou inferiores a cinco veces o Iprem de 2025 (fixado en 8.400€ anuais, en 14 pagas)
As solicitudes débense presentar obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, na web https://sede.xunta.gal.
Para mais informacion, poden consultar na oficina do OMIX do Concello de Baiona, na direccion de correo electronico xuventude@baiona.gal, ou no teléfono 986385921.
Concello de Baiona





