Mañá, sábado 12 de marzo, ás 20:00h no Auditorio V Centenario terá lugar a representación teatral “Invisibles” para público maior de 12 anos. A actividade é gratuíta, subvencionada cos Fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, no marco da Resolución do 8 de setembro de 2021 da Secretaria de Estado de Igualdade de transferencias para o desenvolvemento de novas ou ampliadas competencias reservadas ás entidades locais no Pacto de Estado contra a Violencia deXénero para o exercizo 2021.
O domingo, 13, ás 18:00h no Centro Multiusos Sabarís representarase para o público infantil a partir de 6 anos “A nena que quería navegar” .
A “Primavera Lila” continúa durante a fin de semana con representacións teatrais
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal