A Concellería de Igualdade do Concello de Baiona inaugurou esta tarde a exposición e o encotro cas artistas “Afinidades divesas”.
O acto de inauguración acudiron o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, a Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, o Alcalde de Pornic, Jean Michel Brard, Marie-Paul Marié e Florence Gendrot, concelleiras francesas, xunto coa presidenta da asociación do irmandamento “Jumelage, Marie-Agnès Morice. así como as artistas protagonistas da mostra e outros representantes da asociación do irmandamento “Jumelage” .
Despois da benvida de cada un dos representantes institucionais a Concelleira Yasmina Moreira Costas, fixo entrega duns aga agasallos institucionáis encargados pola concellería de igualdade a artistas de Baiona, Irene Silva, quen deseñou e realizou unhas obras en exclusiva para facerlles entrega a delegación francesa de Pornic que fixo posible a exposición e o encontro cas artistas“Afinidades Diversas”. O agasallo de recordo deste bonito intercambio cultural é unha silueta de deusa Atenea Guerreira de cor lila así coma e un grabado postal da mesma deusa.
Este ano a Concellería de Igualdade do Concello de Baiona aproveita o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada de artistas francesas, as cales forman parte da programación, non só expoñendo as súas pezas, senón que tamén dirixirán obradoiros para o alumnado dos centros educativos de Baiona.
Entre as actividades estrela desta edición 2022 atópase esta exposición e o encotro cas artistas “Afinidades divesas”. Anne Malgogne Dumesnil “Amodu”, Brigitte Darras Dit “Bivan”, Fabbienne Alliou – Lucas, son as artistas francesas que xunto as artistas baionesas Irene Silva, Mar Caldas e Elvira Jardón expoñen o seus traballos dende o 4 ata o 27 de novembro no Multiúsos Mercado de Sabarís, podendo visitarse os sábados de 16:30h a 19:00h e os domingos de 16:30h a 19:30h, unha oportunidade moi valiosa para tecer lazos e traballar en proxectos comúns no futuro. (Para visitas grupais concertar cita no teléfono 620065056)
Asimesmo, Anne Malgogne Dumesnil “Amodu”, Brigitte Darras Dit “Bivan”, Fabbienne Alliou – Lucas, son as artistas francesas que xunto coa artista baionesa Irene Silva, impartiron onte una serie de obradoiros para o alumnado de 1º da ESO do CPI Cova Terreña.
“Había un amplo abano de posibilidades e de accións a levar a cabo, pero como punto de partida para esta nova aventura, quixemos replicar a intención daquela viaxe de artistas e sumarlle algo máis, decidimos enfrontar as miradas, no mellor sentido da palabra, de mulleres artistas de Pornic e de mulleres artistas de Baiona e a súa contorna enmarcándoas dentro do Novembro Lila. É moi interesante analizar a mirada sobre a mesma problemática dende dúas culturas diferentes”destaca a Concelleira de Igualdade.
A exposición inaugurada esta tarde é unha mostra fala de mulleres: mulleres que sofren violencia; mulleres que son libres e poderosas grazas o seu traballo; mulleres que rompen cos estereotipos marcados pola sociedade patriarcal; mulleres fortes que loitan pola súa dignidade e por ocupar espazos que lle foron negados. Mulleres protagonistas de historias sendo retratadas por outras mulleres.
Moreira Costas detalla que “Esta exposición é un punto de partida de cara a un futuro, somos ambiciosas e estamos convencidas de que con esforzo e traballo conseguiremos grandes cousas. Neste aspecto quero agradecer profundamente ás mulleres da Asociación do Jumelage, Agnes, Dolores, Josienne, Hilary, etc. E tamén as miñas homólogas Marie-Paul e Florence pola implicación amosada e o traballo ben feito até o momento. Foi un pracer contar convosco e de seguro será unha fermosa aventura traballar da vosa man en futuros proxectos”.
Entre as persoas asistentes ao acto tamén acudiron membros da Corporación do Concello de Baiona e representantes de distintas asociacións baionesas e adelagación francesa de Pornic de visita estos días en Baiona con motivo dos actos de conmemoración do “25 Irmandamento entre Baiona e Pornic”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal