Arquivo Histórico e Biblioteca Pública Municipal

Rúa Manuel Valverde nº 4

auditorio centenario Baiona

Auditorio V Centenario de Baiona

Rúa Santísima Trinidade, 22

Casa da Navegación

Rúa Ventura Misa, 17

centro belesar Baiona

Centro Cultural Municipal de Belesar

Media Aldea, 36307 Belesar

Museo da Carabela Pinta

Calle de Elduayen

A carabela era un tipo de barco utilizado na Idade Media, moi apto para a navegación atlántica, utilizábase para o transporte e comercio de mercadorías aínda que en tempos de guerra tamén se artillaban para este fin.

Os emblemas identificadores son a bandeira de Castela, León e Aragón, a bandeira dos reis Isabel (Y) e Fernando (F) e a cruz que sempre acompañou as monarquías ibéricas.

Tecnicamente é unha embarcación a vela con 3 paus: mesana, maior e trinquete, velas cadradas no maior e no trinquete e vala latina (triangular) na mesana; ademais de un bauprés. O temón na popa é recto, de codaste e manexase cunha pala de temón de forma manual polo temoneiro ou piloto. O temón circular de volante aínda non existía nesta época.

Para o seu proxecto de expedición ao descoñecido, Colón contou coa asociación dos irmáns Pinzón, comerciantes de Palos de la Frontera que, como mariñeiros experimentados, escolleron as dúas carabelas: a Pinta e a Niña. O barco que capitaneou Colón era unha nao, de maior tamaño que a carabela. De nome Santa María, popularmente era coñecida como “a galega” porque foi construída na Galiza. Non está claro se en Pontevedra ou Baiona. Exhíbese unha maqueta na Casa da Navegación.

A carabela Pinta co seu capitán Martín Alonso Pinzón foi o primeiro barco desta expedición que regresou. O 1 de marzo de 1493 chegou a Baiona, o que nos converteu no porto de Europa que coñece a noticia do encontro de novas terras ao outro lado do océano. Colón chegou tres días máis tarde a Lisboa.

A carabela chegou maltreita e o seu capitán moi enfermo. Aquí reparouse, cargou auga e comida para poder regresar ao seu porto de orixe: Palos de la Frontera, en Huelva. Pinzón coñecía ben o porto de Baiona e incluso á súa chegada atopou aquí o seu fillo que viña dos Tercios de Flandes.

Das novas terras trouxeron mercadorías exóticas e un par de indios taínos, que era a poboación que vivía nas Bahamas, as Antillas Maiores e o norte das Antillas Menores; pero debido ás condicións da viaxe un deles faleceu.

Non coñecemos o número exacto de persoas que viaxaron na Pinta, pero calcúlanse entre 23-27. As condicións de vida a bordo eran moi duras, durmindo ao raso ou sobre a carga e cunha alimentación particular. Nunha viaxe tan longa os alimentos estragábanse, o que podía producir numerosas enfermidades. O escorbuto, por non comer froitas nin verduras, era a principal enfermidade que minguaba as tripulacións, ademais das ratas no barco.

A tripulación estaba composta por grumetes, mariñeiros, alguacil, notario, médico, o propietario do barco ou capitalista inversor, piloto ou temoneiro e o capitán, ademais de carpinteiros e calafates. Ao ser de madeira o barco precisaba de reparacións periódicas para manter a estanquidade, mediante o calafateado cunha mistura de esparto e breas, repoñer carpintarías danadas, velame roto ou adaptar novos elementos.

Escola de Música

Escola de Música Municipal

Rúa Alférez Barreiro, 21

A Escola de Música Municipal de Baiona fundada en 1990 nace coma unha iniciativa cultural co ánimo de dar cobertura as inquedanzas musicais no Municipio Baionés. Neste senso houbo dende aquela unha considerable evolución para conseguir un ente que co discorrer dos anos cumprira coas esixencias no eido musical ata hoxe en día. É de xustiza citar que como Centro Docente Musical converteuse nun referente recoñecido no Val Miñor no que atinxe á aprendizaxe musical en cuestión. Conta cunhas instalacións adecuadas e un corpo de profesorado titulado co seu Director, e axeitado a diversidade de disciplinas instrumentais que se nomearán máis adiante. Cabe suliñar que o ámbito de idade para acceder a dito centro é dende os 4 anos como mínimo e sen límite de idade para tódolos adultos interesados. De tal maneira manéxanse dous tipos de ensinanza; por unha banda aquela que se refire a unha programación mais oficial e polo tanto máis apropiada para alumnos que pretenden facer carreira no campo musical, e outra máis adicada a aqueles con propósitos igualmente respectables pero cun enfoque afeccionado.

As disciplinas tanto colectivas e complementarios como instrumentais abarcan dende “Música e Movemento” para á infancia de catro a seis anos e Linguaxe Musical ate os 15 anos. A partires de dita idade a Escola brinda tres niveis adaptados á xente adulta coa finalidade de acadar unha formación o máis completa posible. En canto as clases instrumentais disponse:

Na familia de vento- madeira e vento-metal, Frauta Traveseira, Clarinete, Saxofón, Gaita, Trompeta, Trompa, Trombón e Tuba. Na familia das cordas ofértase Violín, Viola, Guitarra (clásica e moderna) e Piano. Familia de Percusión con Percusión Clásica, Latina e no seu caso Batería. A parte disponse de Coro e Canto moderno.

 

 

Debido a situación actual da COVID-19 para a atención presencial ou telefónica será IMPRESCINDIBLE cita previa.

☎️ Solicitar Cita previa

Ou tamén marcar á extensión do departamento co cal quere solicitar cita previa:

986385050 #230 / #240  (Rexistro)

986385050 #210 / #211 (Secretaría)

986385050 #254 / #242 (Urbanismo)

986385050 #234 (Tesourería)

986385050 #217 (Medio Ambiente e Medio Rural)

986385050 #226 (Servizos Socias)

986357554 (CIM - Centro de Información á Muller)

986356410 / 617447279 (Emprego)

986385050 #241 (Cultura e Xuventude)

Desculpen as molestias.

X