Coa modificación da ordenanza que rebaixou as tarifas do aparcamento municipal do Aral no ano 2021 conseguiuse o obxectivo marcado polo Alcalde, Carlos Gómez Prado.
“Os grandes beneficiados da xestión municipal son os veciños e veciñas de Baiona. Conta diso reflicten as cifras de persoas abonadas ao servizo que pasaron de 192 abonos mensuais no ano 2019 a 407 a data do 1 de marzo de 2022.Ademais de garantir o equilibrio económico das xestión municipal deste espazo tamén garantimos unha maior rotación nos aparcamentos en superficie. ”, sinala o rexedor.
Así mesmo, o rexedor destaca que “hai outras maneiras de xestionar e neste caso é para o beneficio dos nosos veciños e veciñas”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal