Concellería de Turismo, Vivenda e Mar
O encanto de Baiona é o conxunto de atractivos que posúe e que a fan única. Un conxunto equilibrado de encantos que xeran sinerxias: as súas rúas, as súas xentes, a súa gastronomía, a longa experiencia da súa hostalería, as súas praias, os seus montes, as sensacións que transmiten ao visitante, sensacións de tranquilidade, de seguridade, de refuxio. Estamos nunha situación vantaxosa, para converternos nunha invitación exclusiva para o público máis conveniente para nosa Villa e para a nosa veciñanza, evitando masificacións e xerando un fluxo constante de visitantes durante todo o ano, que contribúa á desestacionalización. A fidelización e a desestacionalización son claves para o progreso turístico de nosa Villa. Unha prosperidade que nos levará a garantir o emprego durante os doce meses do ano e que atraerá novas iniciativas privadas ao noso singular municipio.
Carlos Gómez Prado
Alcalde e Concelleiro de Turismo, Vivenda e Mar