O salón de actos do CPI Cova Terreña acolleu o acto de presentación da Primavera Lila, a programación deseñada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona e a dirección do CIM con motivo do 8 M, Día Internacional da Muller.
Un acto que contou coa presenza da artista plástica Irene Silva Xiráldez e que estivo amenizado pola violinista Ana Shi Yu.
En 2021, a área de igualdade de Baiona poñerá o foco de atención do 8 M e da loita contra a violencia machista na forza das palabras a través do proxecto da artistas baionesa Irene Silva Xiráldez “A túa Palabra Conta”. Baixo o nome ““Estelas da Palabra” Silva realizará unha instalación artística cuxo obxectivo é incorporar no espazo público áreas de encontro; dotándolle a palabra unha voz visual que suscite respostas e reflexión sobre a linguaxe inclusiva.
Tamén se creará o “Muro da Palabra”, unha creación colectiva de etiquetas e palabras artísticas dirixido ao alumnado que cursa 1ºda ESO dos centros educativos municipais de Cova Terreña e do Primeiro de Marzo que ten como obxectivo: Aprender, sensibilizar e practicar a linguaxe inclusiva usando a palabra como elemento artístico na construción de símbolos para a igualdade; será a guía para traballar as emocións, a empatía, a confianza e o respecto; promover o valor da participación colectiva para acadar obxectivos sociais.
Entre os meses de marzo e xuño a artista coordinará e dirixirá diferentes talleres artísticos en cada uns destes centros escolares municipais para que alumnado elabore o material que dotará de contido o “Muro da Palabra”. O proxecto materializarase nas rúas da vila no mes de xuño.
Co 8 de marzo como escenario, a concelleira de igualdade, Yasmina Moreira Costas, lembra “a importancia que ten traballar a diario en favor da igualdade en base a políticas que ofrezan respaldo a mulleres como as que se recollen no Plan Municipal de Igualdade de Oportunidades de mulleres e homes do Concello de Baiona 2019-2023.” Accións que sexan tamén extensivas a toda a cidadanía porque “ a igualdade é cousa de toda unha sociedade” e é preciso traballar en conxunto con estratexias que abarquen a todas as idades e colectivos, con accións específicas para cada sector “e que todas teñan un fío condutor, unha sociedade comprometida coa igualdade”, sinala Moreira Costas.
Por iso, ademais deste interesante proxecto dentro dá programación “ Primavera Lila”, desenvolveranse diversas actividades cuxo obxectivo xeral é promover a consecución da igualdade real e efectiva entre as mulleres e os homes no ámbito escolar e cultural e previr a violencia de xénero.
Aplicando a transversalidade de xénero, sen limitarse a un so contexto ou plano de actuación, para traballar na sensibilización en Igualdade e a prevención da violencia machista desde os distintos campos, a “Primavera Lila” integra toda unha serie de actividades enfocadas a distintos tipos de públicos.
Tralo éxito da organización do primeiro autocine no Val Miñor por parte da Concellería de Igualdade do Concello de Baiona o pasado mes de novembro, este departamento volve apostar por esta actividade ante a gran acollida que tivo entre a poboación pero nesta ocasión estará enfocada para os máis pequenos e pequenas da casa e ás súas familias.
Chan da Lagoa volverá converterse en sala de cinema por un día para 100 vehículos o vindeiro sábado 13 de marzo.”A rebelión dos contos” está baseada nas historias clásicas de Roal Dahl, as que todos coñecemos , pero cun xiro de 180º a súas personaxes: Que pasaría se Cincenta e Carapuchiña vermella se fixesen amigas ? e se o narrador , fora o lobo feroz? Unha reinvención con humor e espírito transgresor dos contos clásicos de sempre. A película recupera personaxes e relatos clásicos da literatura infantil tan coñecidos como “Carapuchiña Vermella” ou “Xan e as fabas máximas” para darlles a volta.
Co visionado desta película preténdese promover a ruptura de roles e estereotipos de xénero e promover a sensibilización e a concienciación social dos nenos e nenas sobre o significado da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.
Así, o 8 de marzo e 16 de marzo, o alumnado dos centros educativos municipais que cursa 1 e 2º curso da etapa de educación primaria (no CEIP de Belesar, no CEIP de Fontes, co CEP de Sabarís e no CPI Cova Terreña), gozarán do Contacontos Teatral “ Familias Diversas”. Unha peza teatral que fomentará a reflexión entre a poboación máis nova sobre a necesidade de promover unha sociedade igualitaria e diversa, promoverá a ruptura de roles e estereotipos de xénero e fomentará valores de respecto e tolerancia entre os máis de cen alumnos e alumnas de Baiona.
O día 25 de marzo os Obradoiros “Os amores non matan” o alumnado que cursa 3º curso da ESO do CPI Cova Terreña poderá gozar desta actividade que ten por obxectivo previr a violencia de xénero, previr e sensibilizar sobre os riscos emocionais e corporais que encerran as relacións tóxicas entre persoas mozas. Así como recoñecer e auto regular as relacións de parella tóxicas, coñecer as causas da violencia de xénero, e identificar a mesma.
O Alcalde de Baiona, destacou na súa intervención que “ Temos claro que o que non se nomea, non existe, e non se convate, por iso programacións como a que hoxe se presenta aquí a “Primavera Lila” son tan impornatantes. Unha programación que destaca pola diversidade de actividades que a compoñen. Un programación que pretende chegar a toda a cidadanía e na que é importante que colaboremos todos os axentes sociais e institucións. Porque nesta loita contra a lacra da violencia machista todas e todos temos que implicarnos activamente”.
E finalizaou diciendo que: “Este Concello aposta firmemente por avanzar nos valores da igualdade de xénero desde a administración, como exemplo a seguir polo resto da cidadanía na construción dunha sociedade de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Entre todos contruímos unha Baiona mais igualitaria. Queremos unha Baiona libre de violencia machista.”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal