Baiona iluminou de cor laranxa a casa do Concello esta noite e a do luns ao amparo da conmemoración do Día Nacional da Fibrose Quística, que se celebra hoxe 28 de abril. Deste xeito a institución únese á demanda da Asociación Galega de Fibrose Quística, co obxectivo de visibilizar a enfermidade. O edificio municipal estivo iluminado desta cor durante dúas noites consecutivas tamén para tratar de dar maior visibilidade a esta enfermidade e aos colectivos que traballan na loita da mesma e con persoas afectadas.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal