O Concello de Baiona comprará, “por primeira vez”, agasallos novos para distribuír entre as nenas e nenos das familias menos favorecidas. A iniciativa busca que “todas as nenas e nenos, independentemente da situación económica das súas familias, poidan gozar dun Nadal feliz”.
O rexedor de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que a iniciativa “é unha aposta pola solidariedade “. Búscase con esta actuación que a situación económica das familias nestes tempos de crise sanitaria e económica, repercuta no menos posible na ilusión das máis pequenas e pequenos da casa nunhas datas tan especiais.
O Concello de Baiona pon así en marcha, por primeira vez, esta iniciativa que ten por obxecto principal que calquera neno ou nena que pertenza a unha familia que se atope en risco de exclusión reciba un obsequio nestas datas marcadas pola compra de detalles con motivo da festividade dos Reis.
Desta forma esta iniciativa pioneira posta en marcha polo concello, que ten como obxectivo primordial que nenas e nenos poidan gozar dunhas festas o máis felices posibles, cumpre outros obxectivos como son contribuír a axudar coas súas compras ao comercio local, á súa dinamización e á participación activa na campaña “Este Nadal, Non Te Distancies do Comercio Local de Baiona”.
O Concello de Baiona agradece ao voluntariado co que colabora nesta iniciativa a súa gran implicación na mesma.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal