O aparcamento municipal ‘O Aral’ de Baiona alcanzou as 510 persoas abonadas, segundo os datos actualizados que recibiu hoxe o concello.
O Concello de Baiona aprobou no ano 2021 unha ordenanza municipal na que se recollían grandes rebaixas nas tarifas para a veciñanza. Naquel momento, o número de abonados era de 187.
Na liña de que o aparcadoiro ‘O Aral’ sexa un servizo público útil para os baioneses e baionesas, o concello implantará novas medidas e descontos.
Ademais dos abonos, todos a veciñanza da vila teñen unha hora de aparcadoiro gratis os 365 días do ano.