A decoración do establecemento āAvicolor Pinturaā, resultou gaƱadora por unanimidade nas dĆŗas categorĆas āMellor decoraciónā e premio Ć” āOrixinalidade e Innovaciónā dotada con 500 euros cada unha do certame āDecorando Baiona no Nadal 2020-2021ā.
O Concello de Baiona convocou este concurso en colaboración coas asociacións de empresarios ACEBA, COEMSA e OVALMI co obxectivo de promover e incentivar a creatividade comercial de Baiona Ô hora de presentar os establecementos, facelos mÔis atractivos ao consumidor ou consumidora reforzando a imaxe dos mesmos e dinamizar o comercio local durante as datas do Nadal.
O xurado encargado de ditar fallo estivo composto por persoas da directiva das asociacións de empresarios presentes no municipio, unha persoa destacada relacionada coas artes escénicas e 2 funcionarios do concello.
Entre os criterios de valoración, o xurado valorou aspectos como o engalanamento da fachada, o escaparate e a decoración interior dos comercios, o deseño e calidade, os materiais de refugallo empregados, a innovación, e o traballo e a dedicación na elaboración.
En total, foron dezaseis os establecementos que participaron nel, aos que o Concello de Baiona quere agradecer moi especialmente o seu esforzo e dedicación para lograr que durante estas festas, as rĆŗas ofrecesen a travĆ©s das sĆŗas fachadas, escaparates e interior alegrĆa.
Desde a ConcellerĆa de Cultura, encargada de organizar o concurso, animouse aos negocios para converterse nun referente comercial decorativo coa intención de que esta actividade atraese aos veciƱos e veciƱas a gozar dunha contorna ambientada coa singular decoración que animase Ć”s compras do Nadal no comercio da Vila.
Realizado por: Marta GonzƔlez PƩrez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal