O arranxo do tellado da antiga escola unitaria do Burgo deuse por finalizado. Os traballos levados a cabo por unha empresa local han consistido no re-colocado de todas as tellas que estaban desprazadas do seu lugar producindo perigo de esborralle dalgunha delas.
O concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, indica que «desde o departamento de Vías e Obras procedemos a revisar o estado do tellado e comprobamos a maior parte das tellas estaban desprazadas do seu lugar. Para evitar o perigo de esborralle dalgunha tella ou de parte do tellado co perigo para os usuarios e usuarias do centro, buscouse unha solución para esta problemática ”.
A antiga escola unitaria do Burgo dedícase actualmente a fins sociais con actividades de asociacións, realización de cursos e para goce dos veciños e veciñas do Burgo.
O Alcalde, Carlos Gómez Prado, destacou a importancia da intervención “que de continuidade a un á mellora de infraestruturas e servizos básicos dos diferentes barrios e parroquias”. O rexedor lembra que a mellora de infraestruturas nos núcleos da localidade “foi, e segue sendo, unha das nosas prioridades”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal