abril, 2023

07abr10:0023:00Venres Santo, Semana Santa

Detalles da Actividade

Venres 7, Venres Santo, comeza o día ás 10.00 horas coa celebración do Vía Crucis na igrexa parroquial.

Ás 16.00 horas terá lugar a celebración da Paixón do Señor e a adoración da Cruz na igrexa conventual das Nais Dominicas, santos oficios que se repetirán a partir das 18.00 horas no templo parroquial.

Ás 20.00 horas sairá a procesión do Santo Enterro acompañada da Banda de Música Municipal de Baiona.

Ás 23.00 horas comezará a procesión da Soidade desde a igrexa parroquial, só para mulleres.

Máis información

Hora

(Venres) 10:00 - 23:00

Ubicación

Casco Histórico de Baiona

Medidas de protección e saúde para este evento

Evento de exterior
X