Oficina Municipal de Información Xuvenil
A Concellería de Xuventude centra o seu labor na fracción de poboación con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.
Esta concellería pretende involucrar á xuventude no deseño das programacións que lles interesan e afectan, potenciar e apoiar que se organizacen por sí mesmos, e diversificar a oferta de ocio e cultura que se dirixe a este sector da poboación.
A OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) enmárcase dentro desta Concellería. Trátase dun espazo que presta información e asesoramento nos temas que son de interese para a mocidade, como son; vivenda, ofertas de emprego, emprego público, formación, bolsas de estudos, voluntariado, programas europeos, viaxes, albergues, concursos, cursos de tempo libre, a organización de actividades de educación non formal, información sobre os carnés para a xuventude, así como a expedición do carné xove ata os 30 anos.
Esta oficina tamén tramita as solicitudes para participar nos campamentos da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, nos campos de voluntariado e nas actividades de inmersión lingüística de distintas administracións públicas.
A Omix do Concello de Baiona, conta cunha asesoría específica en materia de vivenda, donde se facilita información xeral sobre os plans de vivenda que xestiona a Xunta de Galicia, e se presta apoio na tramitación de axudas de aluguer, e na inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade autónoma de Galicia.
As persoas interesadas en contactar con esta oficina, ademais xeito presencial, poden realizar as súas consultas a través do teléfono, do correo electrónico, e do perfil de facebook omix baiona.