Concellería de Turismo e Igualdade
Concellería de Turismo e Igualdade
Estas tres áreas teñen como principal obxectivo construír unha sociedade máis xusta poñendo no centro ás persoas. A estratexia para acadar tal obxectivo é levar adiante accións formativas; campañas de concienciación e visibilización de diversas problemáticas que afectan aos distintos sectores de poboación; fomento da activación social; desenvolvemento de programas culturais e de ocio; e proxectos de modernización e transformación dixital do Concello para facilitar a vida da veciñanza nas relacións coa administración grazas ás novas tecnoloxías.