O Concello de Baiona, a través da Concellería de Deportes, convoca unha liña de subvencións destinadas a fomentar e difundir aquelas actividades deportivas organizadas polas asociacións sen ánimo de lucro no ámbito territorial do Concello de Baiona durante o ano 2022.
O Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, destaca a importancia destas axudas ao deporte local, debido a que “Estas axudas económicas teñen a finalidade de sufragar parte dos gastos ocasionados pola realización de proxectos ou actividades deportivas, que contribúen ao fomento da práctica deportiva entre a veciñanza do municipio. Continuamos traballando desde o Concello de Baiona en fomentar o deporte de base e desta maneira referendamos estas axudas, sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
As solicitudes deberán presentarse únicamente pola Sede Electrónica do Concello de Baiona(https://baiona.sedelectronica.gal/info.0) ata o 27 de febreiro de 2023 .
A continuación, pode descargarse a documentación e anexos:
Bases Subvencións Deportivas 2022
Anexo I Solicitude subvencións deportivas
ANEXO II Declaración Responsable
Anexo III Orzamento de ingresos e gastos
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal