O Concello de Baiona comezou os labores de poda das árbores que se atopan repartidos nos cinco núcleos de poboación do municipio.
A Concellería de Medio Ambiente iniciou a tempada de poda co obxectivo de previr que coa caída da folla atásquense os sumidoiros da rede de augas pluviais.
Comezáronse os traballos, propios desta época do ano, que necesitan as árbores. A primeira actuación realizouse no parque da Palma, continuarase no centro urbano da vila e pola Avenida Monterreal. Nos próximos días acometerase póda das árbores nos atrios das igrexas e nas restantes zonas con arboledo das parroquias baionesas. Concretamente, na parroquia de Baíña actuarase tamén na zona arborizada da estrada de Santa Marta e no parque infantil do Cruceiro. En Baredo, no entrono do centro cultural. En Belesar, na zona do torreiro da igrexa, e no do xogo de birlos Portameán e Urgal. En Santa Cristina da Ramallosa, na contorna da praza de abastos e na praza Vitoria Cadaval, na Avenida Benito Fariñas, na Avenida Praia Ladeira.
Os traballos realízanse en altura polos traballadores, quen leva a cabo esta campaña en condicións de máxima seguridade, sen causar danos ás árbores e no menor tempo posible xa que dispoñen das ferramentas necesarias para ocasionar as menores molestias nos paseos e zonas máis frecuentadas pola cidadanía.
Este traballo súmase ás actuacións de conservación e mantemento na desembocadura dos ríos en Baíña, Baredo e Sabarís, que se iniciaron hai unhas semanas e que se continúan acometendo. Consisten na retirada de maleza e podas que obstruyen as canles, co fin de mellorar o estado ecolóxico dos ríos e suavizar o impacto que poden producir a choivas durante o inverno.
Desde o Concello de Baiona están a levarse a cabo todos estes traballos co fin de previr posibles incidencias provocadas polos efectos invernais