Carlos Gómez Prado Alcalde Baiona

Saúdo do Alcalde

Queridas veciñas e veciños,

Grazas pola confianza depositada na miña persoa e no grupo de Goberno formado para rexer Baiona nos vindeiros catro anos.

Todas e todos nós collemos este mandato con gran ilusión e responsabilidade, gobernando para todas as veciñas e veciños da nosa vila, tentando mudar o xeito de facer as cousas, tratando de ser xustos e xustas coa veciñanza.

Unha das inquedanzas que me xurdiu ao emprender este mandato é o de como escoitar a todas as veciñas, veciños e visitantes da nosa Vila, escoitar as súas inquedanzas, problemas, queixas e suxestións, e sobre todo acadar unha solución legal a todas elas.

Para poder lograr este obxectivo, fundamental no noso concepto de goberno, melloramos a nosa páxina web, sendo máis clara e intuitiva para que todas e todos vós poidades realizar trámites a través da mesma sen necesidade de desprazarvos.

Nesta páxina web facilitase un espazo onde poder compartir comigo, dun xeito directo, as vosas queixas e suxestións e así poder dirixir Baiona a un futuro mellor.

Sen máis, póñome a vosa disposición.

Atentamente o voso alcalde Carlos Gómez Prado

#thegov_carousel_682e1eb4c9af5 .slick-arrow { border-color: #EE2737; background-color: transparent; box-shadow: 0px 9px 30px 0px rgba(0,0,0,0); } #thegov_carousel_682e1eb4c9af5 .slick-arrow:after { color: #7A7A7A; }#thegov_carousel_682e1eb4c9af5 .slick-arrow:hover { background-color: transparent; box-shadow: 0px 9px 30px 0px rgba(0,0,0,0); } #thegov_carousel_682e1eb4c9af5 .slick-arrow:hover:after { color: #212121; } #thegov_carousel_682e1eb4c9af5 .slick-arrow:hover:before { opacity: 0; }
X