A II edición do BLUE ATLANTIC FORUM rematou este venres no Parador de Baiona, tras tres xornadas de reflexión centradas en sectores de vital importancia na economía azul e claves para o desenvolvemento sostible de Galicia: a pesca e a acuicultura, a biotecnoloxía mariña e o turismo costeiro. Baiona volveu reunir a ducias de profesionais e expertos de toda Galicia e tamén doutras comunidades e mesmo doutros países como Portugal ou Chile nun foro de debate e posta en común sobre as oportunidades arredor da economía azul desde unha perspectiva atlántico-europea.
O turismo de costa, do que Galicia é un referente azul, foi o protagonista da xornada de clausura. Varios expertos aportaron a súa visión para facer máis atractivos os destinos costeiros, salientando que o mar é unha oportunidade para o turismo, pero sempre desde a responsabilidade, innovando e mantendo a sustentabilidade como valor engadido. No foro tamén houbo espacio para debatir sobre a posible explotación dalgúns destinos e a necesidade de desestacionalizar a oferta e ampliala, implicando ao sector hosteleiro e as diferentes institucións. No foro presentouse ademais o proxecto “ECOAREAS: Mar de todos” que está desenvolvendo o goberno de Canarias para dinamizar zonas costeiras de interés ecoturístico.
Grazas á organización desta segunda edición, financiada polo Galp Ría de Vigo-A Guarda, o Concello de Baiona reforza a súa posición como destino azul por excelencia dentro do panorama autonómico e nacional, tanto pola súa situación xeográfica como pola súa importancia económica das empresas dos sectores consolidados e emerxentes da economía azul na súa contorna.
Na clausura do foro, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez salientou “O traballo constante do departamento de turismo nos últimos anos difíciles para o sector, que a través de iniciativas vinculadas á sustentabilidade e a conservación ambiental,impulsaron un novo modelo turístico na localidade. Exemplo do traballo ben feito son os recoñecementos internacionáis que nombraron a Baiona como uno dos mellores destinos turísticos sostibles do mundo polas boas prácticas de sustentabilidade ou o “Safari Etológico de Garranos”, elixido como iniciativa turística sostible “Green Destination 2022 Top 100 Stories” .
Gómez Prado finalizou a súa intervención reivindicondo “unha gran alianza entre todos os axentes para lograr os obxectivos. Unha das nosas metas debe ser: Fomentar e promover a constitución de alianzas eficaces nas esferas pública, público-privada e da sociedade civil, aproveitando a experiencia e as estratexias de obtención de recursos das alianzas”. Por iso desde aquí hoxe, neste último día do Blue Atlantic Forum, fago un chamamento á alianza de todas estas esferas que participaron ao longo destas tres xornadas para conseguir entre todos remar xuntos cara a uns obxectivos comúns para o beneficio de toda a cidadanía”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal