A Concellería de Seguridade Cidadá do Concello de Baiona informa do corte do tráfico desde mañá xoves, 29 de febreiro, ata a próxima semana da Rúa Carabela Pinta desde a Glorieta de Colón , deixando acceso aos garaxes, debido á montaxe dos posto dos postos do concello de venda de artesanía da Festa da Arribada que ocuparán esta zona. Este corte afectará tamén á Rúa Cidade de Vigo que quedará en sentido contrario ao habitual desde a PO-552 para acceder á Rúa Laureano Salgado e os garaxes da Rúa Cidade de Vigo.
Desde o Concello de Baiona faise un chamamento á colaboración da veciñanza para que os traballos desenvólvanse da mellor forma posible, solicítase prudencia á hora de circular pola zona e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar os traballos aos veciños e veciñas do municipio.