O Concello de Baioina dotou de saneamento a senda dos cotos de Santa Cristina da Ramallosa.
Instalouse unha nova canalización de saneamento para dar acceso á mesma ás vivendas que non contaban con este servizo municipal. O Concello considera necesarios os traballos porque os veciños da zona trataban individualmente as augas residuais con fosas sépticas nas súas vivendas.
O concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, sinala que con estes traballos “instalouse unha canalización de case 200 metros que permitirá dar un novo servizo a todas as vivendas situadas nesta vía”.O concelleiro subliña que se trata “dun petición veciñal que foi atendida polo concello”.
Pola súa banda, o alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, comenta “a importancia desta obra “que dará servizo aos fogares deste lugar”. Así mesmo, destaca que “é un compromiso do alcalde de Baiona para que veciñanza teñen o mesmo acceso aos servizos municipais onde queira que residan”. A dotación desta nova rede de saneamento súmase a outras moitas levadas a cabo nos últimos meses en distintos puntos da vila. Do mesmo xeito, darase continuidade á mellora de infraestruturas e servizos básicos dos distintos barrios e parroquias do municipio”. O concelleiro reafirma que o obxectivo é completar o saneamento dos barrios e lembra que a dotación destes servizos aos núcleos urbanos “foi, e segue a ser, unha das nosas prioridades”.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal