O Concello de Baiona, culminou os traballos de mellora da accesibilidade na zona da Figueira, en “O Urgal”, en Belesar.
A obra, financiada a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, foi adxudicada por un importe de 43.497,10 euros, se trata da construción dun muro de contención do camiño até 4 metros de altura e cunha lonxitude duns 40 m. de longo, construído con perpiaños de pedra gris. Tamén mellorouse a accesibilidade, aumentando a anchura e asfaltando o viario que xa se atopaba moi deteriorado. Tamén se incluíu a instalación dunha varanda protectora para a seguridade dos viandantes e os vehículos.
Unha intervención moi necesaria xa que a situación na que estaba representaba un perigo para os usuarios deste camiño público. Desde a Concellaría de Vías e Obras, Óscar Martínez, lembra que o goberno municipal traballa para buscar solucións e mellorar as condicións dos veciños e veciñas das parroquias: “O noso deber é que todas as baionesas e baioneses teñan acceso aos mesmos servizos, independentemente do lugar no que residan”.
Pola súa banda o Alcalde, Carlos Gómez Prado, destaca que “a mellora da accesibilidade e mobilidade de diversos barrios, o arranxo de viarios, o asfaltado de vías e a recuperación de espazos, forman parte das obras que puxemos en marcha para continuar coa nosa intención de seguir pondo en valor as nosas parroquias, sempre co obxectivo de mellorar o día a día da cidadanía. Proxectos que nacen das demandas que nos trasladou las veciñas e veciños de Baiona”.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal