A Concelleira de igualdade Yasmina Moreira Costas informa de que nas festas patronais da Anunciada que se celebran a vindeira fin de semana, instalarase “A caravana Morada“ o venres, 5 de agosto, e o sábado, 6 de agosto, no Paseo Ribeira que terá un horario de apertura dende ás 20:00 ás 04:00 horas do domingo. A caravana do punto lila estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero , integrado por dúas profesionais expertas en violencia de xénero: unha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha asesora xurídica . Ambas asistirán e asesorarán ás mulleres que así o necesiten e informarán sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal , autonómico e nacional . Asimesmo, ofreceráse un servizo de prevención, información e acompañamento a violencia de xénero.
O obxectivo do punto lila é por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero e por outra parte ofrecer atención técnica, psicolóxica e de coordinación.
O punto Lila Caravana Morada , está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero .
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal