O Concello de Baiona acorda medidas de prevención no mercado semanal dos luns de Sabarís, coa redución do número de postos, en virtude das medidas de restrición adoptadas pola Consellería de Sanidade fronte ao COVID-19 sobre as actividades ao aire libre.
Así, a Concellería de Comercio e Mercado á fronte de Víctor Muñoz acordou que o vindeiro luns, 26 de outubro, instálense na feira os posto con número impar. O seguinte luns , 2 de novembro será a quenda dos pares, producíndose deste xeito a rotación entre feirantes cada luns ata próxima comunicación en función da evolución do COVID-19. Poderán acudir ao mercado todos os luns, independentemente do seu número, os posto de venda de produtos agroalimentarios como se recolle na normativa.
Con esta medida el Concello de Baiona cumple con la normativa marcada por la Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia.