A continuación, pode consultar o Folleto Informativo do Servizo de Recollida de Residuos Voluminos e do Punto Limpio do Concello de Baiona situado na parroquia de Baíña:
Folleto Informativo Servizo Recollida Residuos Voluminos e Punto Limpio Concello de Baiona
O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente, e a empresa adxudicataria de recollida selectiva de residuos e xestión do punto limpo, co fin de ter unha localidade máis limpa e saudable, lembra a existencia dun servizo gratuíto de recollida de aveños voluminosos e de restos vexetais de xardinería doméstica.
Para iso, concértase unha cita por medio do teléfono gratuíto 900 101 925, para que o servizo recolla eses aveños domésticos que se queiran reciclar. O teléfono é atendido de 10:00 a 13:00 e fóra desas horas pódese deixar unha mensaxe no contestador, que se contesta o máis axiña posible. A través deste servizo os cidadáns e cidadás poden solicitar a retirada, entre outros, de mobles, trastes, electrodomésticos de gran tamaño, así como distintos aveños voluminosos. Para iso, os veciños e veciñas deben chamar ao teléfono gratuíto do servizo, no que se toman os datos do punto de recollida e explícaselles en que franxa horaria deben depositar os residuos para a súa posterior retirada polo persoal do servizo.
Con este servizo preténdese facilitar aos cidadanía unha adecuada xestión de certos residuos que, polo seu tamaño e características, non poden depositarse co resto de residuos domésticos e tampouco poden entregarse no punto limpo municipal situado en Baíña.
Desde a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Baiona lémbrase que “a colaboración cidadá é fundamental para o bo funcionamento deste servizo, xa que é imprescindible coñecer en que puntos van deixar os restos de voluminosos para incluílos no roteiro de recollida”.
Por iso solicítase “a colaboración veciñal para evitar o abandono de residuos na contorna dos contedores. Pídese evitar estas situacións, xa que este tipo de depósitos na vía pública só conseguen aumentar a contaminación no municipio e empeorar o aspecto das nosas rúas”.
Tras comprobar, tanto no centro da vila como nas zonas rurais, o incremento de puntos na localidade onde se depositan residuos voluminosos, como mobles ou electrodomésticos, “faise un chamamento á cidadanía para que o aspecto do municipio mellore, apelando ao civismo”.
Para a atención á cidadanía do servizo gratuíto lémbrase que se conta co teléfono gratuíto 900 101 925 e coa páxina web municipal www.baiona.gal, na que os usuarios poidan ampliar a información sobre os diferentes servizos.
Tamén se colocarán carteis informativos en distintos puntos do municipio para lembrar a prohibición de depositar calquera tipo de enser fóra dos contedores sen avisar previamente ao servizo existente.
A Policía Local do Concello de Baiona realizará controis dos distintos espazos para que se cumpra coa ordenanza municipal.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal