O Concello de Baiona decidiu suspender as Badaladas de Fin De Ano para evitar riscos de posibles contagios nuns actos de alta aglomeración de persoas e nos que non se pode garantir o uso da máscara.
Debido ao incremento de casos por coronavirus, o Consistorio DECIDIU cancelar a festa de PreFin de Ano, que se ía a celebrar o sábado 18 de decembro ás 00:00h xa que, a diferenza doutros eventos, non se pode garantir o uso en todo momento da máscara. Precisamente neste acto tómanse as uvas e a xente adoita brindar ou beber na rúa, algo que pode elevar o risco de posible transmisión do covid-19.
Desde o consistorio baionés tomouse esta decisión como medida de precaución ante o aumento de casos de Covid-19 e co obxectivo de reducir a incidencia do virus no municipio para poder gozar das festas con total seguridade.
A actuación de “Los Mecánicos” adiantarase ás 20:00h e trasladarase de localización para a Alameda Carabela Pinta. O evento estará amenizado polo cómico local Rafa Durán. Se van colocar cadeiras para a ocasión e vixiarase o acceso ao lugar para controlar o aforamento e garantir o cumprimento do protocolo de seguridade e medidas preventivas fronte ao Covid-19.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal