A Concellería de Cultura do Concello de Baiona xa traballa nos preparativos da Festa de Arribada 2023 que se celebrará o primeiro fin de semana de marzo –3, 4 y 5–
O prazo para presentar as solicitudes de postos de venda no Real Mercado Medieval da Festa da Arribada está aberto desde hoxe, luns 16 de xaneiro, ata o 9 de febreiro, ambos os días incluídos. A organización do evento pon ao dispor dos artesáns 70 postos do Concello, que serán sorteados entre todas as solicitudes. Todas as persoas interesadas en obter autorización para a instalación dos postos de venda no Real Mercado Medieval da Arribada deberán cubrir a solicitude oficial e Declaración Responsable e presentalas no rexistro xeral do Concello ou a través da sede electrónica: http://baiona.sedelectronica.gal.
Toda a información necesaria para realizar a solicitude atópase dispoñible na web oficial do Concello de Baiona: https://www.baiona.gal/avisos-importantes/documentacion-solicitude-para-participar-no-real-mercado-medieval-da-arribada-2023/
Tamén poderá presentarse nas formas previstas na Lei 39/2015, de procedemento
administrativo común. No obstante, no caso de presentarse fora do Concello, o/a
solicitante deberá dirixir por correo electrónico a dirección: mercadoarribada@baiona.gal unha copia da instancia debidamente presentada con anterioridade ao remate do prazo a efectos de que poida ser incluída na relación de solicitantes. En caso contrario inadmitirase dita solicitude.
Desde a Concellería de Cultura do Concello de Baiona habilítase o teléfono 699199400 para información e resolución de dúbidas.
A continuación, pode descargarse a documentación en galego:
20230116_Bases Festa da Arribada 2023
Solicitude Oficial Festa da Arribada 2023
20230116_anexo I-declaración xurada Festa da Arribada
Anexo II Taxas autorización postos de venda ambulante Festa da Arribada 2023
A continuación, puede descargarse la documentación en castellano:
Bases Reguladoras Fiesta de la Arribada 2023 – castellano
Solicitud Oficial Fiesta de la Arribada 2023
20230116_Anexo I-Declaración Jurada-Fiesta Arribada 2023 castellano 20230116_
Anexo II Tasas autorización puestos de venta Fiesta Arribada 2023
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal