O terceiro ciclo de conferencias “O Falar das Pedras” organizado polo Arquivo Histórico e a Biblioteca Pública Municipal de Baiona continúa a súa andaina no Multiusos Mercado de Sabarís.
O vindeiro martes, 16 de agosto ás 20:30h, terá lugar unha cita moi especial: a presentación da novela póstuma de Adolfo Valverde Quintas “Memorias dun Cangrexo Ermitán” por Fernando Bartolomeu Benito, catedrático de Lingua española e Literatura.
O 22 de agosto Celia Casás, diplomada en Conservación e restauración de bens culturais, especialidade pintura, ofreceranos un relatorio que ten por título “Preservando o patrimonio; Restauración e conservación do retablo maior de Santa María de Baiona”.
Este interesante ciclo de conferencias que se desenvolveu durante os meses de xullo e agosto en Sabarís chegará ao seu fin o 29 de agosto cunha conferencia sobre “Turismo e Arte na Baiona decimonónica” por José Luis Mateo, investigador do Instituto de Estudos Vigueses.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal