Onte o Alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña, tivo o pracer de asistir á tradicional comida anual do ClubE De Bolos Belesar Urgal.
No evento compartiu conversa coas persoas que acudiron a desfrutar desta xornada no clube social da entidade na nosa parroquia baionesa de Belesar.
A práctica do bolo celta vai a máis, polo que o rexedor quere “dar as grazas aos clubes de Baiona entre os que se atopa o C.B.B. URGAL que traballan para manter esta tradición. Noraboa!”
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal