Con motivo da conmemoración do 25 de novembro,Día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, a Concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller organizaron un acto conmemorativo “para seguir sensibilizando e concienciando á sociedade baionesa sobre este problema social tan grave”, destacou a concelleira de lgualdad, Yasmina Moreira Costas.
As actividades por o 25- N, tiveron hoxe como protagonistas ás Rochas Violetas, o comando de igualdade do I.E.S. Primerio de Marzo de Baiona. O Auditorio Municipal V Centenario de Concello de Baiona foi escenario esta mañá do acto institicional.
Durante o acto levouse a a cabo a lectura dun manifesto contra a violencia machista,e un minuto de silencio, a lectura correu a cargo do Primeiro Tenente de Alcalde, Óscar Martínez Álvarez.
A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, destaca que “a xuventude constitúe un grupo especialmente sensible á violencia de xénero, polo que é necesario que identifiquen e rexeiten conductas sexistas que as veces se toleran ou xustifican”.
A continuación, as Rochas Violetas presentaron o seu proxecto levado a cabo xunto coa productora audiovisual CRU. O proxercto e o resultado do obradoiro de educación medíatica levado a cabo durante dous meses entre o alumnado do instituto baionés para sensibilizar e conciar sobre a problemática social da violencia de xénero.
Este ano dende a concellería quíxose levar o acto institucional do 25N ata o alumnado dos instintitutos aproveitanto o aniversario co irmandamento con Pornic, para abrir o círculo e integrar a mirada europea na loita contra a eliminación da violencia contra a muller. Comezouse a mañá no I.E.S. Primeiro de Marzo dónde o alumnado baionés conectóuse coa Vila irmá de Pornic e tamén con Linz, pobo alemán irmandado con Pornic. A actividade consistiu no alumeado da escuridade con pantallas violetas. A acción realizada baixo o nome de “purplescreens” invitaba a sumarse a onda de cambio contra as violencias
A Concelleira lembra que este acto forma parte parte dunha ampla programación de actividades deseñadas pola Concellaría de Igualdade do Concello de Baiona e oCIM, o“ Novembro Lila”, un programa deseñado para dar visibilidade á violencia machista coincidindo con motivo do 25 N, día internacional contra a violencia de xénero. Trátase dunha programación que está a abarcar todo o mes de novembro e que conta cunha importante presenza feminina, cuxas pezas e traballos contan historias vividas e sentidas por mulleres.
O Concello de Baiona aposta firmemente por avanzar nos valores da igualdade de xénero desde a administración, como exemplo a seguir polo resto da cidadanía na construción dunha sociedade de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Neste 25N desde o Concello de Baiona lémbrase a importancia de seguir loitando para erradicar a violencia contra as mulleres. O noso compromiso contra esta violación dos dereitos humanos é total e absoluta.
Entre as persoas asistentes ao acto tamén acudiron membros da Corporación do Concello de Baiona e representantes de distintas asociacións baionesas e o alumando do I.E.S Primerio de Marzo de Baiona.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal