Hoxe comezou o “Novembro Lila” coa conferencia en streaming “No camiño do vento” pola memoria de Sesé. A charla-testemuño de Joshua Mateo desta mañá serviu para coñecer toda a sua traxectoria e traballo contra a violencia machista na loita polos dereitos das orfas e orfos desta lacra. Joshua Mateo ofreceu o seu propio testemuño como orfo da súa nai Sesé Mateo.
Tamén explicou a obra “No camiño do Vento”, unha obra adicada a Sesé Mateo, a muller asasinada pola violencia machista en 2017 pola súa ex parella, que provocou un incendio na súa casa en Chapela , do que so sobreviviu un caderno de poemas feministas. A obra na que colaborou Miriam Ferradans inclúe unha análise final sobre o contexto actual da violencia machista a cargo da periodista Belen Puñal.
A veciñanza puido visualizala na ligazón da actividade que hay na páxina web municipal e tamén a través da canle de youtube do Concello de Baiona. Así mesmo, colgarase o vídeo nesta canle. O outro lado da pantalla tamén estiveron o alumnado de 4ª da E.S.O. do CPI Cova Terreña e o do IES Primeiro de Marzo de segundo de
bacharelato, de formación profesional básica e do ciclo de animación sociocultural. O alumnado participou activamente na rol de preguntas posterior a conferencia.
Esta actividade está subvencionada pola Deputación de Pontevedra no marco das axudas para promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero nos concellos de menos de 20.000 habitantes.
A Concelleira de Igualdade, Yasmina Moreira Costas, agradeceu a labor de Joshua e enxalzou a súa figura como exemplo para a sociedade na loita contra a violencia machista. Tamén agradeceu os colexios e o instituto da Vila a enorme labor que están a facer educando en igualdade.
A programación organizada pola Concellería de Igualdade co gallo do Día Internacional contra a Violencia Machista, ” Novembro Lila”, trae consigo un mes dedicado a actividades contra a violencia á muller no Concello de Baiona.