O Concello de Baiona informa de que a Rúa Cuba situada na zona dos “Tendales” converterase en dirección única e que os aparcamentos en liña pasarán a ser en diagonal, polo que con estes cambios gañaranse prazas de aparcamento nesta zona.
Nesta zona do centro da localidade coñecida como “Los Tendales” están a levarse desde hai varias semanas obras de asfaltado e de pintado en distintas rúas neste punto do municipio.
Estes traballos teñen como obxecto mellorar a calidade do estado do pavimento nun dos puntos de maior confluencia de vehículos da localidade.
“As actuacións consistiron no fresado e asfaltado dos tramos sinalados, a sección completa, deixando totalmente reformado o pavimento da calzada nos mesmos. Tamén se pintou todos os viais”, sinala o Concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez.
As obras de mellora leváronse a cabo en rúa Dolores Agrelo ata a rotonda coa rúa Venezuela e na zona de aparcamento do Pavillón Municipal de Deportes. Tamén na rúa Palos de la Frontera e a rúa Cuba.
“Esta actuación conleva a reorganización do tráfico nun dos puntos de maior confluencia de vehículos da localidade. A Rúa Cuba pasará a ser de sentido único e a zona de aparcamento pasará de ser líneal a diagnal polo que con estes cambios gañaranse prazas de aparcamento para dar servizo á veciñanza”, destaca o Alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal