Baiona é finalista a Pobo Marítimo Gallego do Ano. Cales son os mellores pobos de España e por que?
Esta é a incógnita que queren resolver as cabeceiras de Prensa Ibérica a través do premio Pobo do Ano, unha distinción que se estrea este ano para visibilizar, coidar e impulsar os pobos españois e a contorna rural.
FARO e A Opinión son os encargados de escoller aos mellores de Galicia. Así, tras unha primeira rolda de presentación de candidaturas que se pechou o pasado 19 de xuño, un grupo de expertos elixiu entre tres e cinco pobos finalistas por categoría a partir dos méritos presentados.
Este xurado profesional ha elixido os seus finalistas entre os 26 pobos participantes (que podían optar a varias candidaturas simultáneas).
Baiona compite cos outros vos elixidos para Pobo Marítimo Gallego do Ano que son son Combarro, Fisterra e Ponteceso.
Tras a selección dos finalistas, agora serán os lectores de FARO e A OPINIÓN os encargados de elixir os gañadores en cada categoría votando a partir de hoxe os seus favoritos a través das páxinas webs dos dous xornais galegos. A votación estará aberta ata o 4 de xullo. Os pobos gañadores desta primeira edición daranse a coñecer nunha gala de premios que se celebrará o próximo 6 de xullo.
Poden coñecer os méritos de cada pobo e votar aos seus favoritos a través da páxina web: https://www.mejorpueblo.es/pueblo/baiona/
“Ademais de ser un municipio turístico conservamos a nosa esencia mariñeira. O noso pasado e tradición oral, ligada co mar, ten moito peso en Baiona” destaca o Alcalde de Baiona e Concelleiro de Turismo, Carlos Gómez Prado.
Outra gran aposta do departamento de turismo por poñer en valor as nosas raíces mariñeiras: “Un proxecto no que se implicará ao sector turístico e ao do mar, así como aos residentes das vilas. Preténdese impulsar a desestacionalización e que o turismo mariñeiro sexa outra motivación máis para visitar estas localidades en calquera momento do ano”.
“Desde o Concello de Baiona convidamos a toda a veciñanza e todas aquelas persoas que coñecen o noso marabilloso entrono mariñeiro a votar pola candidatura de Baiona”, finaliza o rexedor.
https://www.mejorpueblo.es/pueblo/baiona/
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal