O Concello de Baiona informa, a través do Departamento de Xuventude do Concello, de que xa está aberto o prazo de presentación de solicitudes dos Campamentos de Verán 2022, destinados a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 9 e os 17 anos .
Os campamentos desenvolveranse tanto en Galicia como fora de Galicia, e se contemplan descontos no prezo, tanto para os posuidores do carné xove, como para as familias numerosas ou monoparentais. Así mesmo, se contemplan quendas de inclusión para a mocidade con discapacidade.
O prazo de solicitudes está aberto ata o 26 de maio inclusive, e as solicitudes poden tramitarse na OMIX, sita no 2º andar da casa do concello (teléfono 986385921) ou na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Os campamentos organizados por la Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través, da Dirección Xeral de Xuventude.
Máis información no seguinte enlace:
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal