A Concellería de Turismo do Concello de Baiona informa de que o luns 23 de maio ás 00:00 h ábrese o prazo de inscrición do terceiro roteiro guiado gratuito para observar e coñecer o comportamento dos garranos, cabalos salvaxes da serra da Groba, na súa contorna natural.
Ante o gran éxito de participación e a demanda de prazas, as inscricións canalizaranse unicamente a través de correo electrónico por orde de entrada cun máximo de 4 persoas por solicitude.
Inscrición previa obrigatoria exclusivamente por correo electrónico: oficinadeturismo@baiona.gal
Prazas limitadas: 20 persoas (a partir de 6 anos)
O terceiro roteiro “Safari Etológico de Garranos” será o domingo, 5 de xuño, e o horario de saída será as 09:00 h. O punto de encontro é o exterior da Oficina de Turismo de Baiona de onde sairá o autobús que leve ás persoas participantes ata o Monte da Groba para gozar dunha experiencia única.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal