O programa cultural de verán do Concello de Baiona reserva mañá, 28 de xullo, un oco para un monólogo de humor do artista local Rafa Durán no Parque da Palma ás 21:00 h.
É necesaria a inscrición previa para acudir ás actuacións gratuítas que terá lugar no recinto habilitado no Parque de “A Palma” que forman parte da axenda cultural Baiverán organizadas pola Concellería de Cultura do Concello de Baiona.
Sistema de inscrición nas actividades
Para a participación nas actividades e eventos do Concello de Baiona no recinto habilitado no Parque de “A Palma”, atópase dispoñible na páxina web oficial da Corporación, un novo sistema de inscrición.
Trátase dun sistema dinámico e práctico, no cal se observan os días das diferentes actividades, co horario e unha pequena descrición das mesmas. Unha inscrición que reza: “Sistema de inscrición previa obrigatorio na actividade”
As inscripcións están disponibles a través de https://www.baiona.gal/calendario/
Información importante
Os eventos serán sentados en cadeiras de dous en dous mantendo a distancia de seguridade entre asistentes, o uso de máscara é obrigatorio en todo o recinto e está prohibido introducir bebidas alcohólicas ,comida e fumar en todo o recinto acoutado . Serán aplicables a maiores as medidas por covid-19 vixentes no momento da celebración do evento.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal