A ‘food truck’ da campaña gastronómica da Xunta Galicia sabe aMar estará instalada na zona central do parque de “A Palma”, como parte da súa xira, onde os veciños, veciñas e persoas visitantes poderán saborear de forma gratuíta as tapas preparadas con peixe e marisco da nosa comunidade. Catro tipos de tapas, máis de 350 tapas.
A Xunta de Galicia puxo en marcha esta iniciativa que percorrerá 260 municipios de España vinculados ao Camiño de Santiago e na que se servirán unha selección de receitas elaboradas con produtos certificados do mar e da terra para enxalzar a gran variedade e calidade dos recursos mariños de Galicia.
Hoxe, mañá martes e o mércores, estará instalada unha furgoneta na Palma na que se ofrecerán petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11:30h a 14:00h e na quenda de tarde entre as 16:30h e 20:00h.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal