A Casa de Navegación de Baiona celebra este xoves o 18 de maio Día Internacional dos Museos. A casa celebra este día con entrada de libre de balde. Pola mañá están organizadas varias visitas guiadas.
Desde o Concello de Baiona lembramos que podedes facer unha visita virtual á Carabela Pinta, especialmente pensada para as persoas con problemas de mobilidade ou para quen queira ter a experiencia de coñecer á tripulación e interactuar con eles.
Realizado por: Marta González Pérez
Responsable de Prensa
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal