A banda rock “Los del Barro” ofrecerá hoxe, 16 de xullo, un concerto no Centro Cultural de Baredo ás 22 h. “Los del Barro”, formados no 2009, é unha banda baionesa reputada na escena do Val Miñor e arredores. Grupo directo e sen andrómenas, que nos farán gozar das súas “versións canallas” de rock, rumba e pop.
Este sábado 17 de xullo o Paseo Pinzón de Baiona acollerá durante todo o día unha feira de antigüidades e coleccionismo. Multitude de postos expoñerán desde libros antigos ata mobles, obxectos de decoración, pintura, reloxos antigos, moedas e obxectos varios. Desde as 09:00 ata as 21:00 h.Todas aquelas persoas que se acheguen a gozar da feira de antigüidades deberán seguir as medidas indicadas polas autoridades sanitarias.
Debemos facer todo o necesario para evitar a transmisión do virus e que a propagación da enfermidade non se reactive. Nestes momentos, a medida máis importante de prevención é manter a distancia social e utilizar máscara en todos os espazos públicos con independencia do mantemento da distancia física interpersoal de seguridade.
O domingo 18 de xullo os Xardíns do Arquivo Histórico e Biblioteca Pública acollerán o concerto do cuarteto de saxofóns “ Lítore. Proxecto Alén” ás 13:00 h. Lito Quartet é un cuarteto de saxofóns formado por Jaime Estévez ( saxofón soprano), Sira Pellicer ( saxofón alto), Hugo Lomba ( saxofón tenor) e Miguel Flores ( saxofón barítono), que se centra na difusión do repertorio para esta formación.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal