A Concelleira de igualdade Yasmina Moreira Costas informa que nesta edición da Arribada Post COVID , instalarase “ A caravana Morada “ o sábado 5 na glorieta de Colón que terá un horario de apertura dende ás 16:00 ás 24 horas. A caravana do punto lila estará atendida por un equipo técnico especializado en previr e orientar na loita contra a violencia de xénero , integrado por dúas profesionais expertas en violencia de xénero: unha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha asesora xurídica. Ambas asistirán e asesorarán ás mulleres que así o necesiten e informarán sobre os recursos dispoñibles a nivel local, comarcal , autonómico e nacional .
O obxectivo do punto lila é por unha banda concienciar e visibilizar o compromiso social e rexeitamento comunitario das violencias informando sobre os recursos dispoñibles contra a violencia de xénero e por outra parte ofrecer atención técnica, psicolóxica e de coordinación.
O punto Lila Caravana Morada , está financiada con cargo aos créditos recibidos do Ministerio de Igualdade Secretaría de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero.
Realizado por: Marta González Pérez
Técnica de Comunicación
Email: gabinetedeprensa@baiona.gal